A trama Gürtel pagou viaxes e agasallos á ministra de Sanidade, Ana Mato. Un informe da Policía asegura que a rede corrupta pagoulle incluso festas de aniversario dos seus fillos, segundo conta a Cadena Ser.
A trama Gürtel pagou viaxes e agasallos á ministra de Sanidade, Ana Mato. Un informe da Policía asegura que a rede corrupta pagoulle incluso festas de aniversario dos seus fillos, segundo conta a Cadena Ser.
Pilar Rojo e a oposición non chegan a un acordo sobre a presenza de convidados nos plenos do Parlamento. José Luis Méndez Romeu, Xosé Manuel Beiras e Francisco Jorquera agradeceron a vontade de "diálogo" de Rojo, pero ratificaron o seu rexeitamento á "restrición" xa que ven "irrenunciable" que a Cámara manteña as portas "abertas" aos cidadáns.
Os traballadores de Navantia exixen unha reunión con Feijóo ou Conde e póñenlle un ultimátum á Xunta. Se antes do martes non teñen cita para a xuntanza, volveranse concentrar ante o Parlamento de Galicia.
A Fiscalía pide ao xuíz Ruz que interrogue de novo a Bárcenas e aclara que investigará os supostos sobresoldos do PP se lle ve vinculación co caso Gürtel.
Un concelleiro do PP en Xixón abandona o partido polo caso Bárcenas. "Marcho por motivos de saúde, para non poñerme enfermo", asegura Eduardo Junquera en La Nueva España.
De Guindos declarará como testemuña no xuizo do caso Bankia o 18 de febreiro. O xuiz da Fernando Andreu citouno a declarar canda ao presidente da entidade, José Ignacio Goirigolzarri e o exgobernador do Banco de España Miguel Ángel Fernández Ordóñez
Indultan a nai que comprou comida e cueiros cunha tarxeta que non era súa. O Consello de Ministros decide conmutarlle a pena de cadea por trinta días de traballos en beneficio da comunidade, segundo conta El Diario.
O 15M pide volver ás prazas esta tarde. Xa hai algunha convocatoria ás 19 horas en Madrid ou Barcelona que circula polas redes sociais.
O voceiro parlamentario do PP pide que se "saquen todos os papeis" e recoñece que o partido "está baixo sospeita". Alfonso Alonso nega, no entanto, a validez dos papeis feitos públicos por El País nunha entrevista en Antena 3.
A Fiscalía podería chamar a declarar a cúpula do PP. Torres-Dulce asegura que "hai materia de investigación" sobre os supostos pagos en negro que desvelou a prensa.