O 15M pide volver ás prazas esta tarde. Xa hai algunha convocatoria ás 19 horas en Madrid ou Barcelona que circula polas redes sociais.
O 15M pide volver ás prazas esta tarde. Xa hai algunha convocatoria ás 19 horas en Madrid ou Barcelona que circula polas redes sociais.
O voceiro parlamentario do PP pide que se "saquen todos os papeis" e recoñece que o partido "está baixo sospeita". Alfonso Alonso nega, no entanto, a validez dos papeis feitos públicos por El País nunha entrevista en Antena 3.
A Fiscalía podería chamar a declarar a cúpula do PP. Torres-Dulce asegura que "hai materia de investigación" sobre os supostos pagos en negro que desvelou a prensa.
O traballadores do Ateneo de Ferrol protestaron no pleno do Concello contra o reparto da súa sede
Centos de persoas participaron este xoves en Vigo na concentración convocada para pedir o indulto para David Reboredo. O seu pai explicou a posibilidade aberta de que lle poida ser concedido o terceiro grao.
As portadas da prensa impresa están monopolizadas polo caso Bárcenas e as sospeitas que afectan á cúpula do PP. El Mundo titula "Bárcenas se burla de la Justicia y pone al Gobierno contra las cuerdas". La Razón: "Causa general contra el PP". El Periódico: "Bajo sospecha". ABC: "Cospedal desmiente las acusaciones y anuncia querellas pero deja dudas"
El Pais afirma que o 70% das entregas de cartos ao PP rexistradas na lista de Bárcenas vulnera a lei ao superar os 60.000 euros
A concentración ante a sede do PP na Coruña é unha das máis numerosas de Galicia a esta hora (foto: @wiklywakly)
Tamén hai veciñanza de Compostela concentrada ante a sede do PP na cidade. (foto: @Alenperz)
Axentes antidisturbios protexen a sede do PP de Ourense ante a posibilidade de que a esta hora se produza unha concentración cidadá polo caso Bárcenas (foto: @XMriel)