Os xornalistas convocados en Génova viron a Rajoy por unha pantalla. Eldiario.es decidiu non acudir á rolda de prensa do PP. Os periodistas que estaban na sala, na que tamén había medios internacionais, barallaron a posibilidade de poñer un esparadrapo na boca como protesta.