El Periódico publica outra sondaxe, desta vez con asignación de escanos, que deixaría o PP a 40 escanos da maioría absoluta. O PP tería 133-135 deputados, por 120-123 do PSOE. UPyD e IU roldarían os 25 cada un.
El Periódico publica outra sondaxe, desta vez con asignación de escanos, que deixaría o PP a 40 escanos da maioría absoluta. O PP tería 133-135 deputados, por 120-123 do PSOE. UPyD e IU roldarían os 25 cada un.
El Pais publica unha sondaxe de intención de voto que amosaría o desgaste producido no PP polo Caso Bárcenas. Os populares serían o partido máis votado, pero só co 23,9% dos votos, apenas unhas décimas por riba do PSOE: 23,5%. Entre os dous grandes partidos sumarían un 47%, mentres que IU estaría no 15,3% e UPyD no 13,6%.
As redes socíaís énchense de bromas ao redor da rolda de prensa sen preguntas e sen xornalístas ofrecída este venres por Maríano Rajoy. E especulan sobre a posta en escena da rolda que o luns ofrecerán conxuntamente Rajoy e Merkel en Berlín
Derrotas de Celta e Deportivo que complican ainda máis a súa situación, sobre todo no caso dos herculinos. O Celta caeu 1-0 ante o Osasuna e o Dépor perdeu 3-1 ante o Getafe.
O Goberno de Islandia expulsou do país o FBI por investigar o caso Wikileaks e despois envioulles unha queixa formal aos Estados Unidos
A asociacións española e catalá de comunicación científica envíanlle unha carta ao defensor do lector de La Vanguardia denunciando a publicación de contidos pseudocientíficos
Os xornalistas convocados en Génova viron a Rajoy por unha pantalla. Eldiario.es decidiu non acudir á rolda de prensa do PP. Os periodistas que estaban na sala, na que tamén había medios internacionais, barallaron a posibilidade de poñer un esparadrapo na boca como protesta.
Cayo Lara propón levar unha resolución de reprobación ao Goberno ao debate sobre o estado da nación, que se celebrará o 20 e 21 de febreiro. Lara foi ratificado coordinador federal polo novo Consello Político de IU
Rajoy négao todo: "O PP non ten nin tivo contas nun país extranxeiro. Non temos nada que ver coa conta de Bárcenas". O presidente do Goberno e do PP descarta a súa dimisión nun discurso ante a plana maior do seu partido, e engade que publicará as súas declaracións da renda e de patrimonio
A dirección de TVE impide a emisión dun documental sobre o Prestige. Estaba previsto que Huellas de chapapote se emitise en Documentos TV o pasado domingo pero a programación mudou no último momento co argumento de que se está a desenvolver o xuizo pola catástrofe e que a cadea non quere "interferir en procesos abertos"