#19Aestudantespologalego Ao longo da mañá estívose a celebrar en todo o país a mobilización estudantil a prol da lingua galega. A Mesa (@amesanl) considera "excelente" o nivel de participación na folga.
Fálase
O conselleiro de Sanidade de Castela-A Mancha e responsable sanitario do PP, José Ignacio Echániz, resta importancia ao novo copagamento de medicamentos para pensionistas: "son só catro cafés ao mes", di. En Público.
Galicia, o territorio que máis poboación perde en España. Segundo o avance do Padrón 2012 feito público polo INE, o país ten 16.509 habitantes menos que hai un ano, un 0,6% menos que a comezos de 2011. Tamén perden poboación Castela e León, Canarias, Asturias e Estremadura.
A Comisión Europea amosa a súa "admiración" polas reformas do Goberno de Rajoy. A vicepresidenta da CE e comisaria de Xustiza, Viviane Reding, expresou a súa "confianza" en España e louva a "gran valentía" do Executivo.
Manuel Guede volve dirixir o Centro Dramático Galego (CDG), un cargo que xa desempeñara en 2005. Substitúe a Blanca Cendán, tras a súa polémica marcha.
#YPF O etarra Mobutu preséntase na Audiencia Nacional cunha camiseta da selección arxentina de fútbol. O ex número dous de ETA fai este xesto días despois da expropiación de YPF por parte do Goberno arxentino.
La Caixa comprométese a darlle solución ao problema das preferentes, segundo informa Economía Digital.
O Tesouro Público logra captar 2.541 millóns de euros en bonos e obrigas, pero tras elevar a rendabilidade do papel a dez anos ao 5,743% para pechar con éxito a emisión. Aínda así, Economía supera o máximo previsto.
Rajoy confirma que aplicará novos recortes nos vindeiros meses. Fíxoo nunha conversa informal na viaxe de México a Colombia. Na Cadena SER.
A Xunta concreta o motivo que levou a Feijóo a México dentro da comitiva de Mariano Rajoy. Explica que realizaron xestións para que o naval galego teña a "oportunidade histórica" de traballar para a petroleira mexicana Pemex. Esta noite, o presidente xa está de volta en Galicia.