A Comisión Europea amosa a súa "admiración" polas reformas do Goberno de Rajoy. A vicepresidenta da CE e comisaria de Xustiza, Viviane Reding, expresou a súa "confianza" en España e louva a "gran valentía" do Executivo.
Fálase
Manuel Guede volve dirixir o Centro Dramático Galego (CDG), un cargo que xa desempeñara en 2005. Substitúe a Blanca Cendán, tras a súa polémica marcha.
#YPF O etarra Mobutu preséntase na Audiencia Nacional cunha camiseta da selección arxentina de fútbol. O ex número dous de ETA fai este xesto días despois da expropiación de YPF por parte do Goberno arxentino.
La Caixa comprométese a darlle solución ao problema das preferentes, segundo informa Economía Digital.
O Tesouro Público logra captar 2.541 millóns de euros en bonos e obrigas, pero tras elevar a rendabilidade do papel a dez anos ao 5,743% para pechar con éxito a emisión. Aínda así, Economía supera o máximo previsto.
Rajoy confirma que aplicará novos recortes nos vindeiros meses. Fíxoo nunha conversa informal na viaxe de México a Colombia. Na Cadena SER.
A Xunta concreta o motivo que levou a Feijóo a México dentro da comitiva de Mariano Rajoy. Explica que realizaron xestións para que o naval galego teña a "oportunidade histórica" de traballar para a petroleira mexicana Pemex. Esta noite, o presidente xa está de volta en Galicia.
A Seguridade Social gaña case 10.000 afiliados estranxeiros. O réxime de cotización incrementouse en marzo logo de oito meses en negativo grazas ao sector pesqueiro.
Arxentina decide sumar YPF Gas "ao proxecto de expropiación", segundo un comunicado dos interventores de YPF asinado polo Goberno. A medida "permite garantir o acceso aos sectores de baixos recursos que non contan con servizo de rede", explicou o Executivo.
George Soros afirma nunha entrevista en Le Monde que "o euro ameaza con destruír a Unión Europea" e que "os líderes están levando o continente á ruína" con medidas non axeitadas. Propón crear un holding no BCE ao que se lle transfiran "2 ou 3 billóns de euros" en bonos e sinala que España "está caendo na mesma situación que Grecia"