Ciudadanos volve equiparar a violencia de xénero coa violencia doméstica.
Fálase
A Xunta volve pechar ao marisqueo a ría do Burgo polo alto nivel de hidrocarburos. Recólleo La Opinión
A Comisión Europea esíxelle máis dureza a España na reforma laboral e maior control sobre as autonomías, segundo un informe que revela El País
Yolanda Díaz: "Traballarei para que En Marea se repita e se alargue". Afírmao nunha entrevista en eldiario.es na que debulla as negociacións de investidura co PSOE
As candidatas á presidencia do PP de Lugo manteñen un tenso debate previo ao congreso provincial. Elena Candia e Raquel Arias confrontaron as súas propostas no encontro organizado por TeleLugo
Máis de 5.000 estudantes das universidades galegas seguen a agardar polas súas bolsas do Estado. Cóntao Faro de Vigo
Todos os partidos con representación no Congreso, agás PP e UPN, acordan derrogar a actual lexislación que impón cargos ao autoconsumo eléctrico, apostan por favorecer o consumo enerxético compartido e por modificar o actual réxime sancionador.
Susana Díaz apoia o pacto do PSOE con Ciudadanos, pero non a supresión das deputacións. A presidenta socialista da Deputación de Cáceres di que votará non ao acordo por este motivo, o mesmo que o líder do PSOE en Jaén.
Rivera quere reunirse con Rajoy antes da votación de investidura de Pedro Sánchez para buscar a abstención do PP. Mentres, o PSOE segue a acusar a Podemos de facer unha pinza cos populares na súa contra.
Investigan a legalidade dunha tala nunha das masas forestais máis importantes do Concello de Ourense, en Seixalbo