Investigan a legalidade dunha tala nunha das masas forestais máis importantes do Concello de Ourense, en Seixalbo
Fálase
O PP carga contra o pacto de PSOE e Ciudadanos por, entre outros aspectos, volver "a la división del zapaterismo", en referencia ao aborto ou á lei de memoria histórica.
En Marea confirma que votará non á investidura de Sánchez. "Foi unha decepción, faltáronnnos ao respeto", di Yolanda Díaz, durante a rolda de prensa que a formación galega está a dar no Congreso.
A economía galega pechou 2015 cun crecemento do 2,6% interanual, nove décimas menos que a media estatal, que foi do 3,5%, segundo o INE. O crecemento medio da economía galega durante o pasado ano foi do 2,1%, atendendo ao IGE, e o dato español chegou ao 3,2%.
En Marea rexistra hoxe no Congreso a petición de investigación sobre o accidente de Angrois. Na pasada lexislatura a proposta do BNG, tamén apoiada por IU, fora vetada en varias ocasións.
A Policía investiga se o PP de Valencia branqueou cartos con lingotes de ouro. Cóntao El País
Raquel Arias, candidata a dirixir o PP de Lugo, carga contra a "ostentación" da outra aspirante, Elena Candia, a respecto dos apoios internos cos que conta. Recólleo El Progreso
Feijóo presume de que o seu goberno é o "máis contundente" contra a corrupción
Podemos agarda que o fracaso de Sánchez na primeira votación de investidura o obrigue a negociar. Cóntao eldiario.es
O acordo de PSOE e Ciudadanos inclúe a instauración do fuso horario GMT en todo o Estado (páxina 38), o que implicaría que Galicia tivese a mesma hora que Portugal. A proposta fora amplamente ridiculizada en 2006 cando a lanzara o BNG para Galicia na súa Asemblea Nacional.