Feijóo presume de que o seu goberno é o "máis contundente" contra a corrupción
Fálase
Podemos agarda que o fracaso de Sánchez na primeira votación de investidura o obrigue a negociar. Cóntao eldiario.es
O acordo de PSOE e Ciudadanos inclúe a instauración do fuso horario GMT en todo o Estado (páxina 38), o que implicaría que Galicia tivese a mesma hora que Portugal. A proposta fora amplamente ridiculizada en 2006 cando a lanzara o BNG para Galicia na súa Asemblea Nacional.
En Marea anuncia que este xoves presentará a solicitude da comisión de investigación de Angrois no Congreso. A pasada lexislatura as propostas presentadas polo BNG e apoiadas por outros grupos foron vetadas.
O ministro do Interior sentencia que a declaración de Rajoy como 'non grato' pode derivar en "agresións" e vincula a declaración do pleno de Pontevedra cos "delitos de odio". Afirmouno durante unha rolda de prensa a respecto destes tipos delitivos.
Podemos paraliza as negociacións co PSOE ata que pase a primeira sesión de investidura. "O PSOE xa elixiu", dixo Íñigo Errejón sinalando que o pacto con Ciudadanos "fai as delicias de FAES e do IBEX-35". Afirma que, se o PP non outorga a súa abstención, a investidura de Sánchez fracasará e asegura que, despois, manterán a súa "man tendida".
Ciudadanos logra incluír un sucedáneo do contrato único e evita unha posible derrogación da reforma laboral no pacto asinado co PSOE.
A Valedora non descarta "intervir" ante as denuncias polos abortos euxenésicos. Asegura que, de confirmarse os casos, a situación sería "terrible e moi grave". O último testemuño incide nas eivas na atención, tamén na clínica concertada coa Xunta en Madrid.
Ciudadanos aproba votar si á investidura de Pedro Sánchez. A decisión vén de ser votada na executiva do partido laranxa.
A xuíza rexeita os recursos de Baltar e do fiscal e suma o acoso sexual pedido pola denunciante, segundo di La Voz de Galicia. A decisión reforza a base para que a causa siga adiante aínda que a Fiscalía non acuse ou DO se retire.