O ministro do Interior sentencia que a declaración de Rajoy como 'non grato' pode derivar en "agresións" e vincula a declaración do pleno de Pontevedra cos "delitos de odio". Afirmouno durante unha rolda de prensa a respecto destes tipos delitivos.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/56cdde665dc1e-56baf3664f197-00080002_1455060082241_71_20_0_gra.jpg)
O ministro do Interior sentencia que a declaración de Rajoy como 'non grato' pode derivar en "agresións" e vincula a declaración do pleno de Pontevedra cos "delitos de odio". Afirmouno durante unha rolda de prensa a respecto destes tipos delitivos.
Podemos paraliza as negociacións co PSOE ata que pase a primeira sesión de investidura. "O PSOE xa elixiu", dixo Íñigo Errejón sinalando que o pacto con Ciudadanos "fai as delicias de FAES e do IBEX-35". Afirma que, se o PP non outorga a súa abstención, a investidura de Sánchez fracasará e asegura que, despois, manterán a súa "man tendida".
Ciudadanos logra incluír un sucedáneo do contrato único e evita unha posible derrogación da reforma laboral no pacto asinado co PSOE.
A Valedora non descarta "intervir" ante as denuncias polos abortos euxenésicos. Asegura que, de confirmarse os casos, a situación sería "terrible e moi grave". O último testemuño incide nas eivas na atención, tamén na clínica concertada coa Xunta en Madrid.
Ciudadanos aproba votar si á investidura de Pedro Sánchez. A decisión vén de ser votada na executiva do partido laranxa.
A xuíza rexeita os recursos de Baltar e do fiscal e suma o acoso sexual pedido pola denunciante, segundo di La Voz de Galicia. A decisión reforza a base para que a causa siga adiante aínda que a Fiscalía non acuse ou DO se retire.
Rajoy: "Nin a Hitler nin a Stalin os nomearon persoa non grata en Pontevedra". O presidente do Goberno di que o acordo plenario doeuelle "máis" que o golpe que recibiu dun mozo na cidade. "Teño sentimentos", asegura.
A inacción ante o exceso de leite pon outras cen granxas contra as cordas. Lácteos de Riotorto baixará o prezo do leite 7 céntimos en marzo pola falta de mercado.
Galicia lidera un proxecto europeo para detectar alzhéimer antes dos síntomas. Desenvolverá nanoestruturas que permitan o diagnóstico cinco anos antes de que se manifeste a doenza.
Donald Trump, máis preto de optar á Casabranca logo de gañar os 'caucus' en Nevada. Impúxose con máis do 40% aos seus rivais e xa é o terceiro proceso no que vence o polémico multimillonario.