A Valedora non descarta "intervir" ante as denuncias polos abortos euxenésicos. Asegura que, de confirmarse os casos, a situación sería "terrible e moi grave". O último testemuño incide nas eivas na atención, tamén na clínica concertada coa Xunta en Madrid.
Fálase
Ciudadanos aproba votar si á investidura de Pedro Sánchez. A decisión vén de ser votada na executiva do partido laranxa.
A xuíza rexeita os recursos de Baltar e do fiscal e suma o acoso sexual pedido pola denunciante, segundo di La Voz de Galicia. A decisión reforza a base para que a causa siga adiante aínda que a Fiscalía non acuse ou DO se retire.
Rajoy: "Nin a Hitler nin a Stalin os nomearon persoa non grata en Pontevedra". O presidente do Goberno di que o acordo plenario doeuelle "máis" que o golpe que recibiu dun mozo na cidade. "Teño sentimentos", asegura.
A inacción ante o exceso de leite pon outras cen granxas contra as cordas. Lácteos de Riotorto baixará o prezo do leite 7 céntimos en marzo pola falta de mercado.
Galicia lidera un proxecto europeo para detectar alzhéimer antes dos síntomas. Desenvolverá nanoestruturas que permitan o diagnóstico cinco anos antes de que se manifeste a doenza.
Donald Trump, máis preto de optar á Casabranca logo de gañar os 'caucus' en Nevada. Impúxose con máis do 40% aos seus rivais e xa é o terceiro proceso no que vence o polémico multimillonario.
O acordo entre PSOE e Ciudadanos propón un imposto ás grandes fortunas. Os socialistas non recuperarán a indemnización de 45 días que eliminou o Partido Popular.
Feijóo chamou a Lores para instalo a evitar que Rajoy fose declarado "persoa non grata" en Pontevedra. Así o revelou este martes o alcalde pontevedrés, que lamenta non recibir chamadas do presidente para "outras cousas" vinculadas a actuacións pendentes na cidade. Recólleo Pontevedra Viva.
Pedro Sánchez acepta as esixencias de Ciudadanos e di que "haberá acordo" para a lexislatura. O líder do PSOE, disposto a suprimir as deputacións e subsitutílas por "consellos provinciais de alcaldes".