As marchas contra o "curraliño" das participacións preferentes sucedéronse por todas as comunidades autónomas. Na imaxe, concentración en Barcelona dos afectados de La Caixa (entidade que xa fixo canxe). Foto: @Acampadabcn
As marchas contra o "curraliño" das participacións preferentes sucedéronse por todas as comunidades autónomas. Na imaxe, concentración en Barcelona dos afectados de La Caixa (entidade que xa fixo canxe). Foto: @Acampadabcn
Humor gráfico no diario grego Ekathimerini. Vése ao primeiro ministro e xefe da carteira grega de Finanzas, Evangelos Venizelos, nunha sesión de terapia do Eurogrupo. "O meu nome é Benny e levo oito meses sen durmir", berra ante o seu homólogo alemán, Wolfgang Schäuble, ou a directora xerente do FMI, Christine Lagarde. Grecia necesita un préstamo antes do 12 de marzo para facer fronte a un paquete de vencementos de débeda.
O fotógrafo norteamericano Paul Conroy compara a situación da cidade siria de Homs coa de Sarajevo. O reporteiro gráfico do The Sunday Times asegura que "iso non é unha guerra, é unha masacre". Conroy tivo que ser evacuado, xunto con outros xornalistas, e aínda está hospitalizado. O fotógrafo contou a súa experiencia na Sky News
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou este mediodía na mobilización dos afectados polas participacións preferentes en Vigo. Na imaxe, de María Obelleiro, está acompañado por Santi Domínguez Olveira e Carme Adán
Grecia xa ten a peor calificación crediticia que pode outorgar Moody's. A axencia entende que o acordo cos acredores privados é un default ou quebra, razón pola cal só merece unha nota C. Os helenos dependerán da axuda estranxeira en tanto non poden recorrer ao mercado ordinario de débeda. Ninguén respalda as súas emisións. A foto é da CNN
O colectivo Europa Laica está "preparando" unha campaña para que desapareza a opción de axudar á Igrexa na declaración da renda, anunciou este venres en Madrid. Na súa opinión, a principal institución eclesiástica disfruta en España dun paraíso fiscal "ilexítimo". A resposta do portavoz da Conferencia Episcopal, Juan Antonio Martínez Camino, recolleuna a Cadena Ser
O xefe portavoz da Unión Europea, Ken Doens, tuitea que os mercados financeiros responden cun "corte de mangas" á decisión de Mariano Rajoy de elevar o obxectivo de déficit ata o 5,8%
A BBC faise eco da chamada primavera valenciana nun vídeo gravado no Colexio Cervantes de Valencia. Recolle as declaracións dos pais, que tiveron que prestar 9.000 ao centro público para facer fronte a pagamentos ante o "desleixo" da Comunitat. Recolle a nova Vilaweb
Este sábado ás 11:00 horas hai manifestacións en Vigo e A Coruña contra o "curraliño" das preferentes. Organiza Adicae e os colectivos de afectados que hai organizados por toda Galicia. A marcha sairá da Praza da Palloza na Coruña e no cruce de Vía Norte con Urzáiz no caso de Vigo. A foto, dun afectado da organización de afectados de Caixanova (vía Facebook)
Trinta membros do Consello Político Nacional de Máis Galiza, encabezados por Xoán Bascuas, presentan unha proposta de resolución que proporán aprobar unha vez que a corrente se constitúa en partido, o vindeiro día 11. No documento apostan, entre outros aspectos, por "abandonar o BNG" e tentar "confluír coas outras forzas políticas nacionalistas e galeguistas". Consulta o documento íntegro.