O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou este mediodía na mobilización dos afectados polas participacións preferentes en Vigo. Na imaxe, de María Obelleiro, está acompañado por Santi Domínguez Olveira e Carme Adán
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, participou este mediodía na mobilización dos afectados polas participacións preferentes en Vigo. Na imaxe, de María Obelleiro, está acompañado por Santi Domínguez Olveira e Carme Adán
Grecia xa ten a peor calificación crediticia que pode outorgar Moody's. A axencia entende que o acordo cos acredores privados é un default ou quebra, razón pola cal só merece unha nota C. Os helenos dependerán da axuda estranxeira en tanto non poden recorrer ao mercado ordinario de débeda. Ninguén respalda as súas emisións. A foto é da CNN
O colectivo Europa Laica está "preparando" unha campaña para que desapareza a opción de axudar á Igrexa na declaración da renda, anunciou este venres en Madrid. Na súa opinión, a principal institución eclesiástica disfruta en España dun paraíso fiscal "ilexítimo". A resposta do portavoz da Conferencia Episcopal, Juan Antonio Martínez Camino, recolleuna a Cadena Ser
O xefe portavoz da Unión Europea, Ken Doens, tuitea que os mercados financeiros responden cun "corte de mangas" á decisión de Mariano Rajoy de elevar o obxectivo de déficit ata o 5,8%
A BBC faise eco da chamada primavera valenciana nun vídeo gravado no Colexio Cervantes de Valencia. Recolle as declaracións dos pais, que tiveron que prestar 9.000 ao centro público para facer fronte a pagamentos ante o "desleixo" da Comunitat. Recolle a nova Vilaweb
Este sábado ás 11:00 horas hai manifestacións en Vigo e A Coruña contra o "curraliño" das preferentes. Organiza Adicae e os colectivos de afectados que hai organizados por toda Galicia. A marcha sairá da Praza da Palloza na Coruña e no cruce de Vía Norte con Urzáiz no caso de Vigo. A foto, dun afectado da organización de afectados de Caixanova (vía Facebook)
Trinta membros do Consello Político Nacional de Máis Galiza, encabezados por Xoán Bascuas, presentan unha proposta de resolución que proporán aprobar unha vez que a corrente se constitúa en partido, o vindeiro día 11. No documento apostan, entre outros aspectos, por "abandonar o BNG" e tentar "confluír coas outras forzas políticas nacionalistas e galeguistas". Consulta o documento íntegro.
Novagalicia Banco convoca finalmente aos sindicatos para o próximo martes, 6 de marzo, para retomar a mesa de negociación do ERE de 750 persoas que pon sobre a mesa. A entidade cancelou o martes un encontro que debería terse producido o pasado mércores. O martes coñecemos, tal e como adiantou Praza en exclusiva, a marca comercial EVO Bank.
O exconselleiro Roberto Varela Fariña foi nomeado hoxe embaixador de España na República Oriental do Uruguay. Varela foi conselleiro de Cultura desde a chegada de Feijóo a Monte Pío ata a crise de Goberno posterior á vitoria de Rajoy nas eleccións xerais.
O Goberno prevé que a economía española peche 2012 cunha potente recesión do -1,7%, dúas décimas peor que o estimado polo FMI e sete por riba do que prognosticou o Banco de España. O Executivo asegura que a taxa de paro aumentará ata o 24,3%, o cal implicaría a destrución doutros 600.000 postos de traballo.