O Goberno prevé que a economía española peche 2012 cunha potente recesión do -1,7%, dúas décimas peor que o estimado polo FMI e sete por riba do que prognosticou o Banco de España. O Executivo asegura que a taxa de paro aumentará ata o 24,3%, o cal implicaría a destrución doutros 600.000 postos de traballo.