A asociación do patrimonio medieval O sorriso de Daniel reclámalle á filla de Franco que devolva dúas figuras talladas polo Mestre Mateo para o Pórtico da Gloria, actualmente en poder da familia do ditador.
A asociación do patrimonio medieval O sorriso de Daniel reclámalle á filla de Franco que devolva dúas figuras talladas polo Mestre Mateo para o Pórtico da Gloria, actualmente en poder da familia do ditador.
A Xunta de Persoal e o Comité de Empresa dos servizos centrais da Xunta veñen de comunicar que están de "loito oficial" con motivo da publicación no DOG da lei de medidas do emprego público. "Entre as medidas para exteriorizar a dor pola perda de dereitos laborais que supón a publicación desta norma están distribuíndo lazos negros entre o persoal funcionario e laboral", informa a CIG.
O Euskobarómetro prevé que o PNV gañaría agora as eleccións vascas e sitúao no borde do empate técnico coa esquerda abertzale. O novo Parlamento de Euskadi estaría configurado por catro forzas: PNV, a esquerda abertzale, PSOE e PP. Consulta o inquérito íntegro.
A ausencia de Rosa Quintana durante dez días, que motivará que Alfonso Rueda asuma a Consellería de Medio Rural e Mar durante ese período, débese a razóns "estritamente persoais", segundo puido confirmar Praza Pública.
O fiscal xeral do Estado ordena investigar un dos trens do 11-M. En RTVE.
Do billón de euros que o Banco Central Europeo (BCE) repartiu ao 1% entre a banca europea para reactivar a economía, tres cuartos dese billón (770.000 millóns de euros) seguen no BCE, en depósitos. Foron 800 os bancos de todo o continente os que acudiron á poxa de liquidez que esta semana repartiu máis de medio billón de euros.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, xunto cos representantes das centrais sindicais CGT, CUT e CNT, veñen de presentar no rexistro da consellaría de Traballo, en San Lázaro, a convocatoria de folga xeral. Será o 29 de marzo
Alfonso Rueda será conselleiro do Medio Rural e do Mar do 4 ao 14 de marzo. O presidente encoméndalle o "despacho" dos asuntos desta consellería por "ausencia" da súa titular, Rosa Quintana.
A lei de recortes aos persoal da Xunta, aprobada pola vía rápida, entra mañá en vigor. Hoxe públícase no Diario Oficial de Galicia.
O alcalde dun concello catalán cede terreos para plantar marihuana como vía para paliar a crise económica das arcas municipais. En Ara.