A ausencia de Rosa Quintana durante dez días, que motivará que Alfonso Rueda asuma a Consellería de Medio Rural e Mar durante ese período, débese a razóns "estritamente persoais", segundo puido confirmar Praza Pública.
A ausencia de Rosa Quintana durante dez días, que motivará que Alfonso Rueda asuma a Consellería de Medio Rural e Mar durante ese período, débese a razóns "estritamente persoais", segundo puido confirmar Praza Pública.
O fiscal xeral do Estado ordena investigar un dos trens do 11-M. En RTVE.
Do billón de euros que o Banco Central Europeo (BCE) repartiu ao 1% entre a banca europea para reactivar a economía, tres cuartos dese billón (770.000 millóns de euros) seguen no BCE, en depósitos. Foron 800 os bancos de todo o continente os que acudiron á poxa de liquidez que esta semana repartiu máis de medio billón de euros.
O secretario xeral da CIG, Suso Seixo, xunto cos representantes das centrais sindicais CGT, CUT e CNT, veñen de presentar no rexistro da consellaría de Traballo, en San Lázaro, a convocatoria de folga xeral. Será o 29 de marzo
Alfonso Rueda será conselleiro do Medio Rural e do Mar do 4 ao 14 de marzo. O presidente encoméndalle o "despacho" dos asuntos desta consellería por "ausencia" da súa titular, Rosa Quintana.
A lei de recortes aos persoal da Xunta, aprobada pola vía rápida, entra mañá en vigor. Hoxe públícase no Diario Oficial de Galicia.
O alcalde dun concello catalán cede terreos para plantar marihuana como vía para paliar a crise económica das arcas municipais. En Ara.
Os altos executivos de Wall Street láianse das súas estreiteces. Entre as queixas, ter que vivir en pisos de 'só' 120 metros cadrados ou ter que recortar gastos por gañar 260.000 euros anuais. En La Información.
Ordes crea unha comisión municipal para recuperar o lecer nocturno perdido en favor de Santa Comba. Cóntao El País.
O desemprego aumentou en febreiro en 112.269 persoas en toda España, segundo os datos que acabamos de coñecer. En total hai 4.712.098 persoas rexistradas nos servizos públicos de emprego. En Galicia hai 274.675 galegos en situación de desemprego