O alcalde dun concello catalán cede terreos para plantar marihuana como vía para paliar a crise económica das arcas municipais. En Ara.
O alcalde dun concello catalán cede terreos para plantar marihuana como vía para paliar a crise económica das arcas municipais. En Ara.
Os altos executivos de Wall Street láianse das súas estreiteces. Entre as queixas, ter que vivir en pisos de 'só' 120 metros cadrados ou ter que recortar gastos por gañar 260.000 euros anuais. En La Información.
Ordes crea unha comisión municipal para recuperar o lecer nocturno perdido en favor de Santa Comba. Cóntao El País.
O desemprego aumentou en febreiro en 112.269 persoas en toda España, segundo os datos que acabamos de coñecer. En total hai 4.712.098 persoas rexistradas nos servizos públicos de emprego. En Galicia hai 274.675 galegos en situación de desemprego
The Composites, unha web que recolle retratos-robot de personaxes literarios baseándose nas descricións feitas polos autores
Elena Espinosa encabezará a candidatura alternativa á de Pachi Vázquez no próximo Congreso do PSdeG. Así o avanza Europa Press citando fontes do partido.
Mediapubli prevé despedir 134 traballadores de Público e manter a web con 26 persoas, con baixos salarios. Os traballadores denuncian que o Expediente de Regulación de Emprego aplicado apóiase na nova reforma laboral
O Bundesbank, banco central alemán, arremete contra a política de Mario Draghi á fronte do BCE. Cuestiona con dureza, a través dunha carta publicada no Frankfurter Allgemeine Zeitung, o reparto de liquidez en dúas operacións coñecidas como LTRO (Long Term Refinancing Operation). Berlín ponse, así, contra a máxima autoridade monetaria da eurozona. Máis información no Spiegel
Jorquera coida que Máis Galiza ten "moito que contribuír" dentro do BNG e agarda que "sexan moi poucos os compañeiros que cometan o erro de facerlle caso aos ánimos que lles dá o PP" para decidir marchar.
Afunden as vendas de coches en Portugal case un 50% no mes de febreiro. "As vendas de ligeiros de passageiros saldaram-se em 6.932 unidades no mês de Fevereiro, o que fica 48,4% aquém do registado no mesmo período do ano passado", conta o Jornal de Negócios.