Jorquera coida que Máis Galiza ten "moito que contribuír" dentro do BNG e agarda que "sexan moi poucos os compañeiros que cometan o erro de facerlle caso aos ánimos que lles dá o PP" para decidir marchar.
Jorquera coida que Máis Galiza ten "moito que contribuír" dentro do BNG e agarda que "sexan moi poucos os compañeiros que cometan o erro de facerlle caso aos ánimos que lles dá o PP" para decidir marchar.
Afunden as vendas de coches en Portugal case un 50% no mes de febreiro. "As vendas de ligeiros de passageiros saldaram-se em 6.932 unidades no mês de Fevereiro, o que fica 48,4% aquém do registado no mesmo período do ano passado", conta o Jornal de Negócios.
O colectivo Ames Novo, formado por militantes do BNG da localidade próxima a Santiago, anuncia unha reunión esta tarde para "tomar a decisión a respecto de permanecer ou non no Bloque, e se os concelleiros abandonan o grupo municipal do BNG".
A asemblea local do BNG de Antas de Ulla anuncia a súa "disolución"ao "decidir todos os militantes solicitar a súa baixa no Bloque". Nun comunicado, sinalan que a súa visión política "non encaixa baixo as coordinadas emerxidas na pasada asemblea". Ademais, comunican que puxeron as dúas actas de concelleiro na localidade "á disposición" da propia asemblea, "sen que ningún dos candidatos/as das pasadas eleccións municipais quixera asumir o cargo como BNG"
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente remite unha nota de prensa na que menciona 'Orense', en relación á vaga de lumes. Noutro comunicado di o seguinte: "Hasta la fecha venía ocupando la jefatura de servicio de Infraestructuras Agrarias en la Jefatura Territorial de Orense, de la Consejería de Medio Rural y del Mar de la Junta de Galicia"
A Liga Estudantil Galega lanza a iniciativa #estamosfartos. Convocan unha xornada de mobilización contra os recortes no ensino para o día 22, coa vista posta na folga xeral convocada pola CIG para o día 29.
O Consello da Xunta aproba a concesión dunha subvención a Esclavas da Virxe Dolorosa para a súa residencia Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei. Son máis de 1,038 millóns de euros.
Steven Forti (con El peso de la nación. Nicola Bombaci, Paul Marion y Óscar Pérez Solís en la Europa de entreguerras) e Francisco Leira (La consolidación social del franquismo. La influencia de la Guerra Civil en los “soldados de Franco”), galardonados cos premios de investigación en humanidades e ciencias sociais da Cátedra Juana de Vega da USC.
Presentan un manifesto aberto chamado Tamén connosco, que aposta por un "nacionalismo unido". Afirma que "non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo"
Outro camiño a Santiago para reclamar solucións para o sector naval galego. Un grupo de traballadores de Hijos de J. Barreras anunciaron esta mañán a súa intención de volver tomar a rúa para plantarse no Parlamento galego. Barreras está en concurso de acredores e propón un plan de viabilidade que implica prescindir da metade dos empregados e redución de salarios de ata o 80%. A CIG subscribe esta proposta, que podería formalizarse para o 12 de marzo.