A Liga Estudantil Galega lanza a iniciativa #estamosfartos. Convocan unha xornada de mobilización contra os recortes no ensino para o día 22, coa vista posta na folga xeral convocada pola CIG para o día 29.
A Liga Estudantil Galega lanza a iniciativa #estamosfartos. Convocan unha xornada de mobilización contra os recortes no ensino para o día 22, coa vista posta na folga xeral convocada pola CIG para o día 29.
O Consello da Xunta aproba a concesión dunha subvención a Esclavas da Virxe Dolorosa para a súa residencia Nosa Señora de Fátima e Cristo Rei. Son máis de 1,038 millóns de euros.
Steven Forti (con El peso de la nación. Nicola Bombaci, Paul Marion y Óscar Pérez Solís en la Europa de entreguerras) e Francisco Leira (La consolidación social del franquismo. La influencia de la Guerra Civil en los “soldados de Franco”), galardonados cos premios de investigación en humanidades e ciencias sociais da Cátedra Juana de Vega da USC.
Presentan un manifesto aberto chamado Tamén connosco, que aposta por un "nacionalismo unido". Afirma que "non tería sentido nin sería positiva a competencia social e electoral na defensa dos mesmos intereses sociais por parte de alternativas con moitas semellanzas, unha competencia en que moita xente non quere entrar e que, por tanto, só provocaría que houbese menos persoas activas na defensa dos valores do nacionalismo"
Outro camiño a Santiago para reclamar solucións para o sector naval galego. Un grupo de traballadores de Hijos de J. Barreras anunciaron esta mañán a súa intención de volver tomar a rúa para plantarse no Parlamento galego. Barreras está en concurso de acredores e propón un plan de viabilidade que implica prescindir da metade dos empregados e redución de salarios de ata o 80%. A CIG subscribe esta proposta, que podería formalizarse para o 12 de marzo.
A CIG iniciou inaugurou este xoves un completo calendario de mobilizacións contra a reforma laboral e os recortes sociais que finalizará, cando menos co apoio da CUT en Galicia, cunha folga xeral. Esta tarde hai actos informativos en Narón (local da Asociación de Veciños/as Alto do Castiñeiro, ás 19:30 horas), no local do sindicato en Carballo (19:00 horas) e no Liceo de Betanzos (ás 20:00 horas). Estas asembleas repetiranse o venres 2 de marzo no Salón de Actos do Concello de Cee (ás 19:30 horas) e o sábado 3 de marzo no Salón de Plenos de Ordes, ás 11:00 horas.
Consello da Xunta: Feijóo admite que a Xunta estuda emprazamentos "fóra da provincia de Ourense" para a incineradora inicialmente prevista no Irixo. Empraza os xornalistas a "comer grelos de Ordes" para comprobar que non están afectados pola incineradora de Sogama.
Consello da Xunta: Primeiro balance de Feijóo sobre os tres anos de goberno: "Síntome tranquilo, porque fun fiel ao compromiso de ser un goberno austero e responsable"
Feijóo non sae en defensa da deputada que asegurou que agora o aborto se emprega como anticonceptivo: "Eu non son médico e me remito ás estatísticas do Sergas. Non son médico e non teño por que pronunciarme sobre cuestións sobre as que se teñen que pronunciar os médicos do Sergas".
Zaira Rodríguez (PP) xa é alcaldesa de Cee co apoio do BNG tras a votación da moción de censura contra o independente Ramón Vigo.