Do billón de euros que o Banco Central Europeo (BCE) repartiu ao 1% entre a banca europea para reactivar a economía, tres cuartos dese billón (770.000 millóns de euros) seguen no BCE, en depósitos. Foron 800 os bancos de todo o continente os que acudiron á poxa de liquidez que esta semana repartiu máis de medio billón de euros.