A conselleira de Facenda presentará en Madrid o plan de axustes que levará a Xunta ao Consello de Política Fiscal e Financeira. Elena Muñoz dará unha rolda de prensa esta mesma tarde na Casa de Galicia.
Fálase
Os sindicatos europeos convocan unha protesta ante o próximo cumio da UE do vindeiro 23 de maio en Bruxelas.
Un vídeo colgado en YouTube amosa os incidentes na visita de Feijóo á terceira presentación do Hospital de Ourense.
A facturación do sector servizos cae un 5,9% en Galicia, seis décimas máis que a media estatal, segundo os últimos datos do INE.
O Celta cumpre co trámite e vence 0-3 en Guadalaxara tras xogar os dez minutos pendentes de onte. Os vigueses aséntanse así na segunda posición.
O PP xa ten operativa a web para defender as medidas do Goberno central baixo o título La verdad de las reformas
ETA anuncia un grupo para "dirixir o diálogo con Francia e España", segundo asegura France Presse, a quen a banda terrorista enviou un comunicado, como explica El País.
Mariano Rajoy recoñece que a situación "é moi complicada" na súa comparecencia no Congreso e pide á Unión Europea "unha mensaxe clara e contundente en defensa do euro" ante a suba disparada da prima de risco.
Esta mañá un grupo de cidadáns presenta no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular "para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a Lusofonia". Lembran que o homenaxeado no Día das Letras, Valentín Paz Andrade, era partidario do achegamento á lusofonía.
NCG Banco cerra as súas tres oficinas de Moaña polas protestas dos afectados polas preferentes. O peche, segundo a entidade, é "temporal" ante a "imposibilidade de garantir a prestación do servizo" e "para preservar a seguridade de clientes e empregados".