O PP xa ten operativa a web para defender as medidas do Goberno central baixo o título La verdad de las reformas
Fálase
ETA anuncia un grupo para "dirixir o diálogo con Francia e España", segundo asegura France Presse, a quen a banda terrorista enviou un comunicado, como explica El País.
Mariano Rajoy recoñece que a situación "é moi complicada" na súa comparecencia no Congreso e pide á Unión Europea "unha mensaxe clara e contundente en defensa do euro" ante a suba disparada da prima de risco.
Esta mañá un grupo de cidadáns presenta no Parlamento unha iniciativa lexislativa popular "para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos com a Lusofonia". Lembran que o homenaxeado no Día das Letras, Valentín Paz Andrade, era partidario do achegamento á lusofonía.
NCG Banco cerra as súas tres oficinas de Moaña polas protestas dos afectados polas preferentes. O peche, segundo a entidade, é "temporal" ante a "imposibilidade de garantir a prestación do servizo" e "para preservar a seguridade de clientes e empregados".
A evolución da prima de risco en tempo real pódese seguir nesta ligazón. Grecia foi rescatada con 500 puntos, Portugal con 517 e Irlanda, con 544. A prima española está a esta hora en 504,16.
A fuga de capitais da zona euro aviva a idea dun "corralito"
O xornal La Información repasa os erros de xestión de Bankia, a súa "galería de horrores"
Queremos Galego organizou un "mosaico humano" na Praza de Maria Pita no que se podia ler: "Os 365 días do ano Queremos Galego"
O dirixente da esquerda abertzale Rufi Etxeberria afirma na SER que: ''Non hai risco de ruptura ou escisión en ETA''