O dirixente da esquerda abertzale Rufi Etxeberria afirma na SER que: ''Non hai risco de ruptura ou escisión en ETA''
Fálase
O fotógrafo Luis Díaz presenta un proxecto fotográfico titulado Fading Politics a partir de carteis electorais das últimas eleccións en Galicia e da súa degradación co paso das semanas de xeito que "os rostros dos candidatos desaparecen pouco a pouco, coma as súas promesas".
A prima de risco supera os 500 puntos nunha xornada na que se agardan novos descensos das bolsas
O Celta gaña 0-3 en Guadalajara con goles de Toni e Iago Aspas en dúas ocasións nun partido que se suspendeu no minuto 80 por falta de luz, despois de que fallasen varias torres de iluminación. Os dez minutos que faltan xogaránse este mércores ás once da mañá. Pola noite xogarán Deportivo e Valladolid
Os sindicatos CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF presentaron unha demanda conxunta contra a lei de recortes ao persoal público que impulsa a Xunta. Velaquí o texto íntegro. Mañá, toda a información en Praza.
Falece aos 83 anos o escritor mexicano Carlos Fuentes. En El País.
Máis Galiza, Acción Galega e Ecogaleguistas chegan "a un acordo sobre principios políticos e programáticos". Máis información, nuns minutos en Praza.
Un grupo de estudantes zarandea a Feijóo en Ourense. Foto: Nacho Gómez para El País Galicia
A Fiscalía mantén a petición de prisión para o secretario confederal de negociación colectiva da CIG tras o xuízo celebrado hoxe en
Vigo. Segundo informa o sindicato, na vista "non quedou acreditada a autoría dos feitos polos que se lle acusa" a Antolín Alcántara.
Altercados na presentación da ampliación do Hospital de Ourense entre a Policía e os indignados que abordaron a Feijóo. Imaxe de @ptaboadap