Altercados na presentación da ampliación do Hospital de Ourense entre a Policía e os indignados que abordaron a Feijóo. Imaxe de @ptaboadap
Altercados na presentación da ampliación do Hospital de Ourense entre a Policía e os indignados que abordaron a Feijóo. Imaxe de @ptaboadap
A prima de risco española dispárase até os 489 puntos ao peche da sesión bursátil en Europa e tras o anuncio dunhas novas eleccións en Grecia. Marca así o seu máximo histórico desde que existe o euro, logo de superar o récord de 478 puntos nos que rematou onte.
Caramuxo e o Celta sacan unha liña de camisolas exclusivas para celebrar o Día das Letras Galegas. Unha delas ten a Iago Aspas como protagonista.
O 15M monta un pic-nic fronte á sede do PP en Barcelona. Imaxe de @JordiAros
Gaña apoios en Portugal o Manifesto para uma esquerda livre, promovido por militantes do Bloco de Esquerdas, dos sectores críticos do PS e independentes e que se presentará en Lisboa o 17 de maio. O texto, que chama a "uma esquerda mais livre, um Portugal mais igual e uma Europa mais fraterna" comeza dicindo: "Portugal afunda-se, a Europa divide-se e a Esquerda assiste, atónita".
O Claustro da Universidade da Coruña aproba unha declaración en defensa da universidade pública e en contra do incremento do prezo das matrículas. Ademais, pide que se retiren os mecanismos propostos para revisar a dedicación docente.
Indignados encadéanse nunha oficina de La Caixa en Girona tras unha concentración dunhas cincuenta persoas na entidade bancaria. Imaxe de @asambleaGirona
Os sindicatos presentan un conflito colectivo contra a lei de recortes en función pública da Xunta de Galicia ao considerar a norma "inconstitucional". CIG, CCOO, UGT e CSI-CSIF cren que os tribunais daranlles a razón.
De Guindos asegura que a elevada primo de risco de España "non é sostible" e pide á Eurozona que actúe ante o contaxio da crise en Grecia.
Fracasan novamente as negociacións lideradas polo PASOK para formar goberno en Grecia, polo que se repetirán as eleccións. A data máis probable é o 17 de xuño.