Os sindicatos presentan un conflito colectivo contra a lei de recortes en función pública da Xunta de Galicia ao considerar a norma "inconstitucional". CIG, CCOO, UGT e CSI-CSIF cren que os tribunais daranlles a razón.
Fálase
De Guindos asegura que a elevada primo de risco de España "non é sostible" e pide á Eurozona que actúe ante o contaxio da crise en Grecia.
Fracasan novamente as negociacións lideradas polo PASOK para formar goberno en Grecia, polo que se repetirán as eleccións. A data máis probable é o 17 de xuño.
Núñez Feijoo di que "a autonomía é o vehículo para poñer en marcha as nosas potencialidades", salientado que esta idea é unha das principais "herdanzas" que nos deixou Paz-Andrade. Na presentación do libro Valentín Paz-Andrade: Xornalista para un país, de Tucho Calvo e Xosé Luís Axeitos, que tivo lugar na sede da RAG, o presidente da Xunta puxo o homenaxeado na Letras deste ano como "exemplo de racionalizador do galeguismo sentimental".
A Federación de Asociación de Veciños Teucro de Pontevedra entrega o seu premio anual ao labor cidadán ao movemento 15M da cidade “polo soño que nos trouxeron de que o cambio do mundo é posible” e por “espertar conciencias nunha cidade adormecida que carece de cauces de participación cidadá”. O premio entregarase o 24 de maio no Teatro Principal da cidade.
A Mesa alerta de que o Concello de Santiago "tenta impedir a manifestación" convocada por Queremos Galego para o Día das Letras
Caride (PSdeG) di que o Valedor lle axudou a Feijóo "a preparar as oposicións". Socialistas e Bloque volven esixir que Benigno López marche. Puy (PP) rexeita que "unha relación de instrución de 2 meses hai 30 anos" implique "amizade" do Valedor con Feijóo. Nuns minutos, a información en Praza.
Nova tesoirada en Catalunya. O presidente da Generalitat, Artur Mas, anuncia a suba de taxas na Universidade, a privatización das autopistas e da xestión da auga e a fin das subvencións.
Vén de crearse en change.org unha petición para que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta declare BIC o Convento de Herbón
François Hollande xa é presidente de Francia. Tras o traspaso de poderes, Nicolas Sarkozy entregoulle os códigos de activación do armamento nuclear. O Elíseo ofrece na súa web a retransmisión en directo de toda a cerimonia.