Nova tesoirada en Catalunya. O presidente da Generalitat, Artur Mas, anuncia a suba de taxas na Universidade, a privatización das autopistas e da xestión da auga e a fin das subvencións.
Fálase
Vén de crearse en change.org unha petición para que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta declare BIC o Convento de Herbón
François Hollande xa é presidente de Francia. Tras o traspaso de poderes, Nicolas Sarkozy entregoulle os códigos de activación do armamento nuclear. O Elíseo ofrece na súa web a retransmisión en directo de toda a cerimonia.
O Senado aborda de novo a súa reforma. Onte constituíuse a comisión encargada que, a priori, debera rematar os traballos a finais de ano, dándolle á Cámara Alta a dimensión territorial que lle outorga a Constitución.
O peche da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público rematou esta mañá no IES Rosalía de Castro, en Santiago. Ás 4 da tarde inician outro, no IES Concepción Arenal de Ferrol.
A Generalitat de Catalunya continúa cos recortes. Artur Mas explica esta mañá un novo axuste de 1.500 millóns. En Vilaweb.
Alemaña crece catro décimas máis do esperado e segue a ser o motor do euro. O PIB do Estado xermano medrou un 0,5% no primeiro trimestre de 2012, fronte ao 0,1% que se prevía.
#BancoDacionYa Centos de persoas convocadas polo 15M concéntranse desde esta mañá en varias oficinas bancarias de Barcelona protestando polos desafiuzamentos de familias e reclamando a dación en pago aos bancos. Imaxe de @acampadabcn
De Guindos pide ao BCE que colabore na auditoría da banca española e comprométese a acelerar os traballos para ter os resultados en dous meses.
A plataforma Stop Nepotismo realiza unha acción na Deputación de Ourense: sacoulle brillo para "varrer" a corrupción.