Artur Mas asegura que haberá consulta o vindeiro 9 de novembro. "Haberá urnas, papeletas e locais abertos", asegura o presidente da Generalitat, que di que se "acollerá a marcos legais vixentes" para realizar un "proceso de participación cidadá", pero advirte que será "a consulta previa á consulta definitiva", que se realizará a través dunhas eleccións plebisicitarias.
