As TIC galegas prevén incrementar os seus cadros de persoal nun 30% no 2015, segundo unha enquisa realizada polo Clúster TIC Galicia entre as súas empresas socias. O 81% das compañías prevén contratar novos traballadores e traballadoras, especialmente para programación, desenvolvemento de apps para móbiles, virtualización, consultores e comerciais TIC.
Fálase
A campaña de crowdfunding posta en marcha por Ecoar para financiar as xornadas Recuperar soberanía, Desarmar o TTIP chega ao seu ecuador acadando o 44% do seu obxectivo. As xornadas abriranse o vindeiro 26 de marzo en Vigo cunha conferencia de Susa George e continuarán nas semanas seguintes con actos en Compostela, A Coruña e na propia cidade olívica.
Besteiro confirma que non se presentará ás municipais para "centrarse" na política de ámbito galego e no liderado do PSdeG. A información, hoxe en Praza.
Un de cada dous empregos que ofrecen os servizos da Xunta está fóra de Galicia. O Servizo Galego de Emprego ofrece traballo en Dinamarca, Bélxica, Francia, Noruega, Alemaña ou Suecia para médicos, chóferes ou obreiros.
O barco trasladarase hoxe á rotonda de Coia e a asemblea do barrio xa convocou unha manifestación partir das 20.30 fronte ao auditorio Mar de Vigo.
Aparecen pintadas nazis na sede do BNG de Caldas, cuxo símbolo foi apuntado cunha diana. O voceiro municipal asegura que as ameazas "non van parar o Bloque".
O TSXG ratifica que a Xunta non ten que indemnizar os propietarios orixinais do Ofimático, que pedían unha compensación económica en lugar da edificabilidade proposta polo Goberno galego.
Gas Natural Fenosa conxela os nove parques eólicos pendentes de construír en Galicia. "En absoluto se dan as condicións para investir en xeración en España", di o conselleiro delegada dunha eléctrica que dá un novo golpe ao consurso eólico de Feijóo.
Alumnos galegos con dificultades quedan sen clases de apoio en 32 centros tras negarse Educación a conceder máis profesores solicitados polos colexios.
O Estado pensa en contratar 2.000 bolseiros para compensar a ausencia de profesores. Serían licenciados que realicen "actividades de apoio ao ensino en centros con especiais dificultades".