Tres meses despois de estoupar o caso Megaupload, Enrique Dans escribe que "parece algo completamente distinto do que os medios contaban e do que algúns crían. Ás veces, as cousas non son o que parecen"
Fálase
Polémica en Democracia Real Ya pola súa posible constitución en asociación. A web da plataforma desminte a nova e crea o hashtag #EsoNoesDRY
“A reducción do déficit vai colapsar a economía”. Entrevista a Manuel Rodríguez -presidente de Rodman- en El País
CiU ameaza con rachar toda alianza co Goberno. Duran i Lleida non ve "marxe de negociación" sobre os Orzamentos
#france2012 A sondaxe de Ipsos sitúa o socialista François Hollande como vencedor da primeira volta, co 28,40% dos votos. Ségueo Sarkozy e a ultradereitista Le Pen
Remata a xornada futbolística, tamén na terceira división galega
Terceira división galega - Xornada 35 Cerceda 2 0 As Pontes Alondras 2 0 Rápido de Bouzas Ourense 3 0 Estradense Pontevedra 0 2 Deportivo B Somozas 1 2 Xuventú Sanxenxo Vilalonga 2 0 Ordes Negreira 0 1 Bergantiños Cultural Areas 1 0 Racing de Ferrol Lalín 0 1 Racing Vilalbés Dorneda 0 1 Betanzos Remata unha mala xornada na Segunda B para os equipos galegos. O Coruxo caeu ante o Vecindario por 1 a 0 nas Canarias, o Montañeros non puido co Marino de Luanco e caeu por 2 a 0. O CD Lugo, que xogaba na casa, perdeu co Rayo Vallecano 1-2, pero segue segundo na táboa e cun partido menos. O Celta B rematou o seu partido ante o San Sebastián de Los Reyes cun 1-2 na contra.
O ex alcalde de Donosti, Odón Elorza, considera en Twitter que o acordo PSE-PP "saltou polos aires" o 20 de outubro co anuncio da fin da violencia de ETA, e pídelle ao lehendakari, Patxi López que rache co PP por "dignidade"
Fíltranse os primeiros resultados das eleccións presidenciais francesas, que prognostican unha vitoria do socialista François Hollande. En Ara.
Twiteiros franceses toman con humor a prohibición de difundir sondaxes ata que pechen os colexios electorais e enchen a rede social de humor co hastag #RadioLondres