A Coruña é a cidade galega que incrementou máis o seu número de vivendas na última década, case 13.200 máis. Vigo, con case o triplo de parcelas edificadas, creceu en 11.500 vivendas dende o 2007.
Fálase
Uns 300 veciños de Friol e Guitiriz volven protestar contra o traslado do seu cura e din que non colaborarán co clero
O alcalde de Alcorcón pídelle ao PP que suprima o aborto de forma paulatina. "O aborto, lonxe de ser un dereito, constitúe un retroceso social incompatible cun auténtico progreso baseado na dignidadr humana e os dereitos fundamentais", expuxo nunha emenda presentada no Congreso do PP de Madrid
O Celta cae (0-1) ante o Villarreal e afástase un chisco dos postos europeos.
Dúas emendas á tese oficial cuestionan a estratexia seguida por Anova con En Marea. Beiras apoia a Villares como líder da confluencia.
O Deportivo vence o Barcelona (2-1) con dous goles galegos: Joselu e Álex Bergantiños.
Susana Díaz anunciará o 26 de marzo a súa candidatura a liderar o PSOE. Será a terceira aspirante xunto a Patxi López e Pedro Sánchez.
O PP manteríase cunha cómoda vantaxe como o partido máis votado de haber eleccións xerais. Podemos tamén mantería a segunda posición, con case dous puntos de vantaxe sobre o PSOE segundo unha enquisa de Metroscopia.
Ana Pontón cre que "é imposible provocar un cambio político real en Galicia sen tensión social nin electoral". A portavoz nacional do BNG concede unha entrevista a La Opinión.
Veciñanza de Friol e Guitiriz volve manifestarse contra o traslado do seu párroco fronte ao Bispado de Lugo. Os fregueses levan varias semanas de mobilizacións.