O Celta cae (0-1) ante o Villarreal e afástase un chisco dos postos europeos.

O Celta cae (0-1) ante o Villarreal e afástase un chisco dos postos europeos.
Dúas emendas á tese oficial cuestionan a estratexia seguida por Anova con En Marea. Beiras apoia a Villares como líder da confluencia.
O Deportivo vence o Barcelona (2-1) con dous goles galegos: Joselu e Álex Bergantiños.
Susana Díaz anunciará o 26 de marzo a súa candidatura a liderar o PSOE. Será a terceira aspirante xunto a Patxi López e Pedro Sánchez.
O PP manteríase cunha cómoda vantaxe como o partido máis votado de haber eleccións xerais. Podemos tamén mantería a segunda posición, con case dous puntos de vantaxe sobre o PSOE segundo unha enquisa de Metroscopia.
Ana Pontón cre que "é imposible provocar un cambio político real en Galicia sen tensión social nin electoral". A portavoz nacional do BNG concede unha entrevista a La Opinión.
Veciñanza de Friol e Guitiriz volve manifestarse contra o traslado do seu párroco fronte ao Bispado de Lugo. Os fregueses levan varias semanas de mobilizacións.
O galego Fernández Toxo deixa a secretaría xeral de CCOO. Non se presentará á reelección á fronte do sindicato.
En Marea pregunta ao Goberno central pola investigación e a ausencia de responsables tras o asasinato de Jimmy. Rexistra varias preguntas escritas e considera "inadmisíbel que non se depurasen responsabilidades dous anos despois do acontecido". O xuíz confirmou o arquivo da causa hai tan só uns días.
A empresa INCA retira a demanda contra as 9 persoas da plataforma Lugo de Cara ao Miño que acudían este venres aos tribunais para ser xulgados por presunta coacción contra o administrador único da compañía