O galego Fernández Toxo deixa a secretaría xeral de CCOO. Non se presentará á reelección á fronte do sindicato.

O galego Fernández Toxo deixa a secretaría xeral de CCOO. Non se presentará á reelección á fronte do sindicato.
En Marea pregunta ao Goberno central pola investigación e a ausencia de responsables tras o asasinato de Jimmy. Rexistra varias preguntas escritas e considera "inadmisíbel que non se depurasen responsabilidades dous anos despois do acontecido". O xuíz confirmou o arquivo da causa hai tan só uns días.
A empresa INCA retira a demanda contra as 9 persoas da plataforma Lugo de Cara ao Miño que acudían este venres aos tribunais para ser xulgados por presunta coacción contra o administrador único da compañía
Rajoy rexeita unha pregunta dun xornalista da BBC porque era en inglés: "Bueno, no, hombre... no vamos a hacer..."
A Xunta aplica a "vixilancia intensiva" noutros cinco concellos pola praga da pataca, limítrofes cos 31 infestados onde está prohibido plantar en dous anos e onde hai que arrincar os tubérculos xa plantados. Trátase de Cariño, Cedeira, Cerdido, As Somozas e Moeche.
Louzán sostén que actuou "sempre cumprindo a legalidade" na Deputación logo de comparecer nun xulgado de Vigo por supostas irregularidades en varios contratos de obras na causa da operación Patos.
Neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, CCOO celebrará o seu acto central en Ferrol, cunha manifestación as 19 horas (mais a tradicional ofrenda floral ás 11 horas). A CIG convocou esta tarde oito manifestacións en Ferrol, Vigo, A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía
Antón Arias, presidente da CEG, acusa a Jorge Cebreiros -máximo representante dos empresarios de Pontevedra- dunha campaña de "acoso e derruba" contra el para presidir a Confederación de Empresarios de Galicia
Un incendio arrasa máis de 80 hectáreas de monte raso en Carballeda de Valdeorras
As aerolíneas low-cost suman o 67% dos e das pasaxeiras dos tres aeroportos galegos. A súa proporción chega ao 89% en Lavacolla.