Louzán sostén que actuou "sempre cumprindo a legalidade" na Deputación logo de comparecer nun xulgado de Vigo por supostas irregularidades en varios contratos de obras na causa da operación Patos.
Fálase
Neste 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, CCOO celebrará o seu acto central en Ferrol, cunha manifestación as 19 horas (mais a tradicional ofrenda floral ás 11 horas). A CIG convocou esta tarde oito manifestacións en Ferrol, Vigo, A Coruña, Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía
Antón Arias, presidente da CEG, acusa a Jorge Cebreiros -máximo representante dos empresarios de Pontevedra- dunha campaña de "acoso e derruba" contra el para presidir a Confederación de Empresarios de Galicia
Un incendio arrasa máis de 80 hectáreas de monte raso en Carballeda de Valdeorras
As aerolíneas low-cost suman o 67% dos e das pasaxeiras dos tres aeroportos galegos. A súa proporción chega ao 89% en Lavacolla.
Os termómetros rozarán os 30 graos este venres nalgunhas zonas de Galicia, para descender o sábado e o domingo de forma importante (ata os 15 de máxima)
“Vigo parécese cada vez máis a un `cortijo´ persoal dun Caballero”, di Feijóo logo de que o alcalde vigués veña de dar por morta a Área Metropolitana e anunciase convenios bilaterais de transporte cos concellos da comarca en vez do sistema consorciado que asinara coa Xunta.
Todas as cidades galegas acollen xa as manifestacións contra a Lomce na xornada de folga estudantil. A Plataforma en Defensa do Ensino Público saíu tamén as 12 horas en varias urbes do país. Na imaxe, a marcha na Coruña. Foto: @mareatlantica
Arrincan as manifestacións da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público nesta xornada de folga en todo o ensino. Na imaxe, cabeceira da marcha en Vigo.
VÍDEO | O Día das Mulleres culminou con concorridas manifestacións feministas nas principais localidades galegas. No vídeo, elaborado por GZ Vídeos, a multitudinaria mobilización de Vigo.