Nace Vituin, unha nova rede social galega e en galego.
Fálase
Esta madrugada faleceu en Ourense José Posada, empresario fundador de Marrón Glacé S.L. e que tamén desenvolveu unha importante actividade politica, grazas á que foi eurodeputado por Coalición Galega en dúas ocasións nos anos 90. Participou moi activamente noutros ámbitos e por exemplo foi o principal impulsor da Irmandade dos Vinhos Galegos.
A fiscalía da Audiencia Nacional cualifica como crimes de guerra e de lesa humanidade o ataque realizado en 2010 por Israel á Flotilla da Liberdade. O fiscal pidelle ao Tribunal Penal Internacional que investigue Israel e cre que o Goberno español debe denunciar o asalto.
A CIG convoca unha concentración diante do Marco este martes ás 11.00 horas para reclamar o mantemento do emprego no museo. Culpan a Rafael Louzán e a Abel Caballero do recorte do financiamento ao centro
CCOO non descarta unha nova folga xeral en marzo. O seu secretario de comunicación, Fernando Lezcano, non a desbota se o Goberno adopta "medidas de extrema gravidade" neste primeiro trimestre.
A Liga Estudantil Galega organiza unhas xornadas de homenaxe a Moncho Reboiras. A partir deste martes 15 en Vigo.
Centos de traballadores de Novagalicia Banco maniféstanse na Coruña contra os plans de reestruturación. Protestaron diante da sede central da entidade.
O Goberno español leva o concello de Arenys de Munt aos tribunais por declararse "territorio catalán libre e soberano". A Subdelegación do Goberno presenta un contencioso contra esta localidade pola declaración do pleno.
O Deportivo xa está oficialmente en concurso. A xuíza vén de ditar o auto de admisión, o levantamento do embargo de Facenda e o nomeamento dun administrador concursal.
Peche de 48 horas nos portos da Coruña, Ferrol, Marín, Vilagarcía de Arousa e Vigo. Inclúese nas mobilizacións dos traballadores ante a falta de acordo para a modificación do convenio e ante os continuos recortes sociais e económicos.