O Goberno español leva o concello de Arenys de Munt aos tribunais por declararse "territorio catalán libre e soberano". A Subdelegación do Goberno presenta un contencioso contra esta localidade pola declaración do pleno.
Fálase
O Deportivo xa está oficialmente en concurso. A xuíza vén de ditar o auto de admisión, o levantamento do embargo de Facenda e o nomeamento dun administrador concursal.
Peche de 48 horas nos portos da Coruña, Ferrol, Marín, Vilagarcía de Arousa e Vigo. Inclúese nas mobilizacións dos traballadores ante a falta de acordo para a modificación do convenio e ante os continuos recortes sociais e económicos.
UPyD reclama que o Concello de Cuenca lle retire o nome de Federico Mayor Zaragoza a unha rúa da cidade porque o ex secretario xeral da UNESCO "apoia os etarras", acusan. Mayor Zaragoza amosou o seu apoio á manifestación polos "dereitos dos presos" celebrada o sábado en Bilbao. Cóntao 20 Minutos
A Xunta di que non se aplicarán peaxes nas autoestradas da súa titularidade. O conselleiro Agustín Hernández nega na Radio Galega que se vaia impor o pagamento na autovía Dozón-Ourense logo da súa privatización.
Iñigo Sáenz de Ugarte analiza o apoio da prensa francesa á intervención militar en Mali
Montoro controlará os funcionarios para que cumpran a súa xornada laboral. O Ministerio de Administracións Públicas solicitará un informe trimestral co rexistro de entradas e saídas dos empregados públicos, segundo conta Cinco Días.
Aaron Swartz, fundador do sistema RSS, suicidouse aos 26 anos. Foi um defensor da liberdade na rede e enfrontaba un proceso xudicial que lle poderia valer 30 anos de prisión.
Ao redor de mil persoas manifestáronse en Monterroso para pedir que o servizo de urxencias se manteña na vila e non sexa trasladado a Palas de Rei.
A galega Ana Peleteiro bate o récord de España júnior de triple salto cunha marca de 13,24 metros