Montoro controlará os funcionarios para que cumpran a súa xornada laboral. O Ministerio de Administracións Públicas solicitará un informe trimestral co rexistro de entradas e saídas dos empregados públicos, segundo conta Cinco Días.
Fálase
Aaron Swartz, fundador do sistema RSS, suicidouse aos 26 anos. Foi um defensor da liberdade na rede e enfrontaba un proceso xudicial que lle poderia valer 30 anos de prisión.
Ao redor de mil persoas manifestáronse en Monterroso para pedir que o servizo de urxencias se manteña na vila e non sexa trasladado a Palas de Rei.
A galega Ana Peleteiro bate o récord de España júnior de triple salto cunha marca de 13,24 metros
Os afeccionados do Estudiantes berraron pola "Sanidad pública" este domingo no seu partido da liga ACB contra o Barcelona.
Anticorrupción investigará quen pagou a viaxe da amiga do rei, a princesa Corinna Sayn Wittgenstein, a un acto de Nóos
Duran propón "comezar de cero" o proceso para consensuar a declaración soberanista e poder incluir asi a PSC e ICV. O PSC impulsará a creación dunha comisión que estude a reforma constitucional para o federalismo e ICV pide que a declaración de soberanía non faga referencia ao Estado propio
O colectivo Europa Laica inicia unha campaña contra a Lei Wert por promover un "modelo confesional nas aulas". Cóntao a Cadena SER
O Deportivo volve de Anoeta cun empate por 1-1 ante a Real Sociedad.
Final de partido en Ponferrada. O CD Lugo imponse á Ponferradina por 0-1, nun partido considerado "derbi" por ambas afeccións e ao que se desprazaron uns 1.500 siareiros lugueses.