A ultradereita de Austria recoñece a súa derrota. O verde Van der Bellen vence o ultra Hofer e rompe o igualado resultado das anteriores eleccións.
Fálase
As primeiras sondaxes non lle dan ao ultra Hofer a presidencia de Austria. Vencería o candidato verde Alexander van der Bellen.
Centos de persoas apoian a absolución do activista de Coia Diego Lores, imputado tras as mobilizacións contra a polémica rotonda e para quen a acusación pide tres anos e medio de cadea e máis de 30.000 euros de indemnización. A Asemblea de Coia lanza un manifesto no seu apoio que apoian persoeiros como Luís Villares, Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras, Ana Miranda, Méndez Ferrín, Anna Gabriel ou Manuel Rivas.
FÚTBOL | A selección galega feminina xogará contra Catalunya en decembro. A Irmandiña regresa tras a volta do combinado masculino e xogará en Vilagarcía o 22 de decembro.
Mourinho enganou a Facenda cun millón de gastos ficticios. O adestrador portugués de fútbol agochou cartos en Nova Celandia usando a súa muller.
A deputada galega De Frutos recorrerá a sanción do PSOE "ata o Tribunal Constitucional se fai falta". "Se seguimos así, imos rematar na irrelevancia máis absoluta", advirte.
O Concello de Oleiros dedicará un parque público a Fidel Castro. Será a zona das Galeras, no municipio da área coruñesa.
Centos de persoas maniféstanse no Carballiño en apoio de Emilio Cao para quen a Fiscalía pide máis de 5 anos de cadea tras ser detido nunha mobilización das Marchas da Dignidade.
Darío Campos ofrécelle a Manuel Martínez regresar ao grupo do PSOE na Deputación de Lugo. O alcalde de Becerreá, que fora expulsado, di estar "disposto" a volver.
A Xunta e os alcaldes do PP meditan impugnar a formación do goberno da Área Metropolitana de Vigo. A entidade supramunicipal foi constituída oficialmente tras o abandono dos populares da sesión inaugural.