Centos de persoas apoian a absolución do activista de Coia Diego Lores, imputado tras as mobilizacións contra a polémica rotonda e para quen a acusación pide tres anos e medio de cadea e máis de 30.000 euros de indemnización. A Asemblea de Coia lanza un manifesto no seu apoio que apoian persoeiros como Luís Villares, Ana Pontón, Xosé Manuel Beiras, Ana Miranda, Méndez Ferrín, Anna Gabriel ou Manuel Rivas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/584412c54f1be-cy0vj4cxeaajed8.jpg)