Cristiano Ronaldo desviou polo menos 150 millóns a un paraíso fiscal para ocultar ingresos por dereitos de imaxe. Unha filtración desvela unha rede para evadir impostos que abrangue tamén a Mourinho ou ao representante Jorge Mendes. Cóntao El Mundo.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5842835567d92-14807103589884.jpg)
Cristiano Ronaldo desviou polo menos 150 millóns a un paraíso fiscal para ocultar ingresos por dereitos de imaxe. Unha filtración desvela unha rede para evadir impostos que abrangue tamén a Mourinho ou ao representante Jorge Mendes. Cóntao El Mundo.
Real Academia Galega e Fundación Barrié abren o prazo de presentación de candidaturas á Palabra do Ano 2016, que se escollerá a través de votacións no Portal das Palabras. Na edición de 2015 a palabra escollida foi refuxiados e na de 2014, corrupción.
Feijóo anuncia 9.053 millóns de orzamento para 2017. É un 2,9% máis que en 2016. O presidente da Xunta cifra en 200 millóns o incremento en gasto social. Máis información, hoxe en Praza.
Mouriño propón facer un estadio fóra de Vigo se o Concello non lle vende Balaídos. O presidente do Celta pedira comprar o estadio municipal como condición para non vender o club aos investidores chineses.
O paro rexistrado subiu en 4.614 persoas en Galicia durante o mes de novembro, un aumento do 2,3%. A Seguridade Social perde uns 3.000 afiliados. No Estado, o desemprego aumenta en 24.841 persoas e o número de cotizantes cae en 32.832. Máis información, esta mañá en Praza.
Hollande anuncia que non se presentará á reelección e deixa vía libre a Valls para ser candidato. É o primeiro presidente da V República en renunciar a repetir mandato.
O FROB acusa a De Paredes de asinar un plan de pensións de 4 millóns cando marchaba de Novagalicia e que cambiou o seu contrato para poder xubilarse aos 51.
Goberno e PSOE sáltanse aos sindicatos para pactar a suba do salario mínimo. É o maior incremento dos últimos 30 anos e subirá 52 euros en 2017.
Movementos sociais e representantes de máis de 50 concellos de todo o Estado participaron en Oviedo no I Encontro Municipalista contra a Débeda Ilexítima e os Recortes, co obxectivo de crear unha rede para reverter as políticas de austeridade e a Lei Montoro.
O Goberno central saca outros 9.500 millóns da reserva das pensións. Xa tan só quedan menos de 16.000 millóns.