O paro rexistrado subiu en 4.614 persoas en Galicia durante o mes de novembro, un aumento do 2,3%. A Seguridade Social perde uns 3.000 afiliados. No Estado, o desemprego aumenta en 24.841 persoas e o número de cotizantes cae en 32.832. Máis información, esta mañá en Praza.
Fálase
Hollande anuncia que non se presentará á reelección e deixa vía libre a Valls para ser candidato. É o primeiro presidente da V República en renunciar a repetir mandato.
O FROB acusa a De Paredes de asinar un plan de pensións de 4 millóns cando marchaba de Novagalicia e que cambiou o seu contrato para poder xubilarse aos 51.
Goberno e PSOE sáltanse aos sindicatos para pactar a suba do salario mínimo. É o maior incremento dos últimos 30 anos e subirá 52 euros en 2017.
Movementos sociais e representantes de máis de 50 concellos de todo o Estado participaron en Oviedo no I Encontro Municipalista contra a Débeda Ilexítima e os Recortes, co obxectivo de crear unha rede para reverter as políticas de austeridade e a Lei Montoro.
O Goberno central saca outros 9.500 millóns da reserva das pensións. Xa tan só quedan menos de 16.000 millóns.
O Resurrection Fest de Viveiro confirma os alemáns Rammstein como cabeza de cartel na súa edición do 2017, que se celebrará entre o 5 e o 8 de xullo.
Tensión na constitución da asemblea da Área Metropolitana de Vigo por mor das protestas dos alcaldes do PP a respecto do transporte metropolitano. Está a contalo en directo Faro de Vigo
Citan como investigado -antiga imputación- o edil de Espazos Cidadáns de Santiago, Jorge Duarte, pola tramitación de sancións a locais de lecer nocturno, segundo anunciou o edil esta mañá. Recólleo Europa Press na súa web. O concello compostelán chegou este mércores a un acordo co sector sobre a regulamentación da hostalaría nocturna.
Anuncian a cancelación do programa Vía V, o faladoiro de actualidade política da canle V Televisión, do Grupo Voz.