O FROB acusa a De Paredes de asinar un plan de pensións de 4 millóns cando marchaba de Novagalicia e que cambiou o seu contrato para poder xubilarse aos 51.
Fálase
Goberno e PSOE sáltanse aos sindicatos para pactar a suba do salario mínimo. É o maior incremento dos últimos 30 anos e subirá 52 euros en 2017.
Movementos sociais e representantes de máis de 50 concellos de todo o Estado participaron en Oviedo no I Encontro Municipalista contra a Débeda Ilexítima e os Recortes, co obxectivo de crear unha rede para reverter as políticas de austeridade e a Lei Montoro.
O Goberno central saca outros 9.500 millóns da reserva das pensións. Xa tan só quedan menos de 16.000 millóns.
O Resurrection Fest de Viveiro confirma os alemáns Rammstein como cabeza de cartel na súa edición do 2017, que se celebrará entre o 5 e o 8 de xullo.
Tensión na constitución da asemblea da Área Metropolitana de Vigo por mor das protestas dos alcaldes do PP a respecto do transporte metropolitano. Está a contalo en directo Faro de Vigo
Citan como investigado -antiga imputación- o edil de Espazos Cidadáns de Santiago, Jorge Duarte, pola tramitación de sancións a locais de lecer nocturno, segundo anunciou o edil esta mañá. Recólleo Europa Press na súa web. O concello compostelán chegou este mércores a un acordo co sector sobre a regulamentación da hostalaría nocturna.
Anuncian a cancelación do programa Vía V, o faladoiro de actualidade política da canle V Televisión, do Grupo Voz.
O Banco Popular releva o galego Ángel Ron da presidencia. A entidade convoca consello para substituílo por Emilio Saracho, conselleiro de Inditex.
O Goberno central gravará as bebidas azucaradas, o tabaco e o alcol para recadar 8.000 millóns máis. O Consello de Ministros aproba este venres as medidas.