Na Terceira División, o Boiro continúa líder tras empatar co Rápido (1-1). No resto da xornada: Laracha 1 - 1 Racing Vilalbés; Alondras 0 - 0 Somozas; Fabril 2 - 1 Ordes; Barbadás 1 - 2 Negreira; Betanzos 1 - 1 Dorneda; As Pontes 3 - 2 Choco; Arousa 2-1 Cultural Areas;
Bertamiráns 0 - 0 Grixoa; Cerceda 3 - 1 Pontevedra.
Fálase
O Lugo vence o Mallorca no Anxo Carro (2-1) cun gol de Rennella nos últimos minutos e achégase aos postos de promoción de ascenso. O Deportivo aséntase no liderado tras os favorables resultados desta xornada.
Jesús Eguiguren: "En Madrid con ETA vivíase mellor". O presidente do PSE volve criticar que Arnaldo Otegi estea na cadea e asegura que o PNV "non ten interese ningún na independencia".
We are happy from Galicia, o vídeo dos profesores e alumnos do CEIP dos Blancos, convértese nun éxito na Rede. Suma xa máis de 8.000 visitas.
Cidadáns da Coruña saen á rúa contra a corrupción convocados polo Movemento de Loita Popular. Os manifestantes piden a dimisión de todos os cargos políticos corruptos tras a revelación dos presuntos delitos que desvelou a operación Pokémon. Imaxe de @15Mmontealto.
Costa da Morte, de Lois Patiño, gaño o premio ao mellor documental no Play-Doc. Máis información, hoxe en Praza.
Críticos de Anova organízanse como grupo político para "rexenerar" a formación. Propoñen a convocatoria urxente dunha asemblea antes do verán e piden unha elección "democrática e estatutaria" do Consello e do voceiro nacional.
Anonymous difunde datos de case 300 axentes antidisturbios. Revela contrasinais e correos de policías e ameazan con publicar máis datos. "Unha metedura de zoca máis e actuaremos en consecuencia", advirte.
O presidente de Extremadura di que "ser do PP non é apoiar a lei do aborto cun bolso de 3.000 euros". José Antonio Monago volve criticar a reforma que prepara o ministro Gallardón.
Clamor en Vigo contra a reforma de Gallardón que elimina o partido xudicial da cidade. Xuíces, fiscais, avogados e todos os grupos políticos exixen que se recoñeza a "excepcionalidade" da urbe e cren "intolerable" que sexa unha "delegación" de Pontevedra.