VÍDEO Os Poetarras escríbenlle unha canción de amor a ENCE con acordes d'O Padriño tras a prórroga da concesión. É o seu Love theme from ENCE
Fálase
As gravacións do Comité Federal evidencian a tensión no PSOE. A Cadena SER publica os audios das intervencións dos baróns críticos con Pedro Sánchez e mesmo hai quen dá por feitas as eleccións.
Uns 10.000 nenos refuxiados desapareceron ao chegar a Europa. Europol recoñece que non sabe onde están e que moitos son sometidos a explotación criminal.
O millón e medio do canon de ENCE non reverterá directamente en Pontevedra. A cantidade deposítase no Tesouro Público e non ten un destino finalista, segundo Medio Ambiente.
As mareas municipais mantiveron este domingo na Pobra do Caramiñal un novo encontro á procura de fórmulas de posible confluencia para as eleccións galegas.
Unhas 10.000 nenas e nenos refuxiados desapareceron tras chegar a Europa, segundo un responsable da Europol en declaracións a The Guardian. O organismo coida que "moitos" deles son vítimas das redes de trata de persoas.
Rajoy volverá declinar ante o rei someterse á investidura. Cóntao eldiario.es
O Consello de Informativos de TVE denuncia a "manipulación" dun gráfico nun Telediario para amplificar o incremento do PIB fronte ás caídas de anos anteriores. Recólleo Bluper
Besteiro chama a "non estigmatizar votos" fronte aos baróns do PSOE que instan a Sánchez a non aceptar apoios de forzas soberanistas nunha eventual investidura. Recólleo La Voz
VÍDEO Hai hoxe 130 anos nacía Castelao. A TVG recupera as imaxes coas que conmemorou, en 1986, o centenario do político e artista. Podes ver o vídeo, con testemuñas de persoeiros que o coñeceron, nesta ligazón