VÍDEO Hai hoxe 130 anos nacía Castelao. A TVG recupera as imaxes coas que conmemorou, en 1986, o centenario do político e artista. Podes ver o vídeo, con testemuñas de persoeiros que o coñeceron, nesta ligazón
Fálase
O Concello da Coruña celebrou este sábado o primeiro dos encontros 'Dillo ti' entre o goberno local e veciñanza dos barrios. Neste primeiro acto, no centro cívico San Diego, abordáronse a preguntas dos presentes asuntos como a revisión das liñas de autobuses, os tributos locais ou o servizo de axuda no fogar, entre outros aspectos.
Buscan dous mariñeiros desaparecidos ao sur das Cíes. Salvamento Marítimo e varias embarcacións máis están a colaborar na procura. Recólleo Faro de Vigo
A militancia do PSOE votará os pactos de goberno que acade o partido. O Comité Federal tamén fixou a votación á secretaría xeral para o 8 de maio e celebrar o seu Congreso o 21 e 22 dese mes.
O PSOE afronta este sábado o seu crucial comité federal coa incógnita sobre a quen lle encargará o rei a formación de Goberno
A multitudinaria manifestación #ENCEfóra rexeita nas rúas de Pontevedra a permanencia da pasteira na ría, que o Goberno de España en funcións vén de autorizar (imaxe: GZFoto)
Rafael Louzán confirma que non optará a recuncar como presidente provincial do PP en Pontevedra. O expresidente da Deputación é actualmente presidente da Federación Galega de Fútbol e concorreu como suplente nas candidatura dos populares ao Senado.
Gandeiros concéntranse ante Lactalis por non trasladar a suba dos prezos da distribución ás explotacions. A protesta celébrase ante a sede da compañía en Vilalba. Foto de @unions_agrarias
O Celta enfrontarase ao Sevilla nas semifinais da Copa do Rei. A ida xogarase o 3 de febreiro na capital andaluza e a volta o 10 do mesmo mes en Balaídos.
A Audiencia de Palma nega a doutrina Botín á infanta Cristina, que sentará no banco dos acusados durante todo o xuízo.