O PSOE afronta este sábado o seu crucial comité federal coa incógnita sobre a quen lle encargará o rei a formación de Goberno
Fálase
A multitudinaria manifestación #ENCEfóra rexeita nas rúas de Pontevedra a permanencia da pasteira na ría, que o Goberno de España en funcións vén de autorizar (imaxe: GZFoto)
Rafael Louzán confirma que non optará a recuncar como presidente provincial do PP en Pontevedra. O expresidente da Deputación é actualmente presidente da Federación Galega de Fútbol e concorreu como suplente nas candidatura dos populares ao Senado.
Gandeiros concéntranse ante Lactalis por non trasladar a suba dos prezos da distribución ás explotacions. A protesta celébrase ante a sede da compañía en Vilalba. Foto de @unions_agrarias
O Celta enfrontarase ao Sevilla nas semifinais da Copa do Rei. A ida xogarase o 3 de febreiro na capital andaluza e a volta o 10 do mesmo mes en Balaídos.
A Audiencia de Palma nega a doutrina Botín á infanta Cristina, que sentará no banco dos acusados durante todo o xuízo.
O expresidente da CEOE admite que roubou máis de 4 millóns de euros da súa empresa, Marsans.
Galicia non acolleu polo momento ningunha das 18 persoas refuxiadas que chegaron a territorio español a través da Administración autonómica. Feijóo comprometera a acollida de 300, pero polo momento as que chegaron fixérono a través de concellos como o da Coruña. Recólleo Faro de Vigo.
O xulgado do caso Alvia encargarase de instruír a investigación sobre as monxas presuntamente retidas no convento compostelán das Mercedarias, tras ser enviado ao correspondente reparto.
Comezan as obras de instalación do sistema ERTMS na liña de tren entre A Coruña e Vigo. Tamén na entrada da estación de Santiago, incluída a curva da Grandeira onde en 2013 se produciu o accidente do Alvia, que este equipamento podería ter evitado.