O xulgado do caso Alvia encargarase de instruír a investigación sobre as monxas presuntamente retidas no convento compostelán das Mercedarias, tras ser enviado ao correspondente reparto.
Fálase
Comezan as obras de instalación do sistema ERTMS na liña de tren entre A Coruña e Vigo. Tamén na entrada da estación de Santiago, incluída a curva da Grandeira onde en 2013 se produciu o accidente do Alvia, que este equipamento podería ter evitado.
O grupo Bitraga, da Universidade de Vigo, contabiliza 4.603 traducións de obras literarias doutras linguas cara ao galego dende o ano 1980. E 1.540 traducións a outras linguas de obras escritas en galego.
A DGT non inclúe ningunha estrada galega entre as primeiras 46 Rutas Ciclistas Seguras, nas que -en certas horas do día- se reducirá o límite de velocidade permitida.
ÚLTIMA HORA José Manuel Baltar, citado como investigado por presunto suborno xunto á muller que o denunciou por presuntamente ofrecerlle traballo a cambio de sexo. A xuíza aprecia en ambos indicios do devandito delito. Máis información, hoxe en Praza.
O fotoxornalista Gabriel Tizón participará esta tarde nun encontro no Centro Cívico da Ponte (Eulogio Gómez Franqueira, 43, Ourense). Tizón presenta o Proxecto Muros, no que a través das súas imaxes e dos textos escritos polos propio refuxiados retrata a súa chegada a Europa e o seu tránsito polo continente. Volve ler a entrevista que lle fixemos en Praza.
A Garda Civil non atopa ningunha irregularidade nas contas de Besteiro tras revisalas por orde da xuíza De Lara. Recólleo La Voz
O desemprego descendeu no 4º trimestre de 2015 en 71.300 persoas no conxunto de España, segundo as cifras da EPA, que acaban de publicarse, deixando a cifra total de parados/as en 4.779.500. En Galicia o dato permaneceu estancado, en 222.700 persoas. No Estado, hai 45.500 persoas ocupadas máis que no trimestre anterior, mentres que en Galicia o número de traballadores e traballadoras descende en 7 mil, unha caída do emprego que afecta sobre todo aos e ás menores de 35 anos (14 mil ocupados/as menos)
3 de cada 4 desafiuzamentos na Coruña débense ao impago de alugueiros. O Concello estuda vías legais de axuda a afectados tras non poder asinar convenios con entidades mediadoras
O director de Ence afirma non temer os recursos xudiciais contra unha prórroga que -di- é "firme"