A Garda Civil non atopa ningunha irregularidade nas contas de Besteiro tras revisalas por orde da xuíza De Lara. Recólleo La Voz
Fálase
O desemprego descendeu no 4º trimestre de 2015 en 71.300 persoas no conxunto de España, segundo as cifras da EPA, que acaban de publicarse, deixando a cifra total de parados/as en 4.779.500. En Galicia o dato permaneceu estancado, en 222.700 persoas. No Estado, hai 45.500 persoas ocupadas máis que no trimestre anterior, mentres que en Galicia o número de traballadores e traballadoras descende en 7 mil, unha caída do emprego que afecta sobre todo aos e ás menores de 35 anos (14 mil ocupados/as menos)
3 de cada 4 desafiuzamentos na Coruña débense ao impago de alugueiros. O Concello estuda vías legais de axuda a afectados tras non poder asinar convenios con entidades mediadoras
O director de Ence afirma non temer os recursos xudiciais contra unha prórroga que -di- é "firme"
El Mundo destaca na súa portada que o PP valenciano blanqueaba subornos recibidos polos seus dirixentes a través de doazóns ao partido, que lle servían para financiar as súas campañas electorais.
Felipe González pídelle a Pedro Sánchez a través de El País que facilite un goberno do Partido Popular. Pedro Sánchez respóndelle á vella garda do partido que "non podemos ir co partido da corrupción". O PSOE andaluz reitera a súa completa oposición a un pacto de esquerdas ou cos populares, apostando por que os socialistas queden na oposición.
O Celta derrota o Atlético de Madrid (2-3) no Vicente Calderón e clasifícase para as semifinais de Copa
Carlos Negreira abandona a presidencia do PP na Coruña e a acta de concelleiro. Adiántao La Voz de Galicia.
O Concello da Coruña cambiará o nome doutras oito rúas franquistas.
Rajoy ofrécelle ao PSOE gobernos autonómicos e locais a cambio de mantelo a el no poder.