O Celta derrota o Atlético de Madrid (2-3) no Vicente Calderón e clasifícase para as semifinais de Copa
Fálase
Carlos Negreira abandona a presidencia do PP na Coruña e a acta de concelleiro. Adiántao La Voz de Galicia.
O Concello da Coruña cambiará o nome doutras oito rúas franquistas.
Rajoy ofrécelle ao PSOE gobernos autonómicos e locais a cambio de mantelo a el no poder.
A plataforma Ence Fóra da Ría, que reúne partidos, sindicatos, entidades sociais e veciñais da comarca de Pontevedra, decidiu en asemblea a convocatoria dunha maniestación contra a prórroga concedida á pasteira. Será este venres ás 20.30 horas, con saída na Praza da Ferrería. Ademais, hoxe mércores levarase a cabo unha concentración, ás 19 horas, ante a Audiencia Provincial de Pontevedra
Ex ministros de PSOE, PP e UCD reclaman un Goberno de "amplo respaldo" mediante "unha gran coalición" de "dous ou tres" partidos "constitucionalistas" cun programa pactado para dous anos, unha proposta semellante á realizada por Felipe González
Economía Digital sinala que os novos investimentos previstos por ENCE obrigarán a Xunta a cambiar a norma sobre biomasa. Un decreto autonómico limita a 10 megavatios a potencia máxima por instalación, catro veces menos da obtida pola compañía para a súa nova planta
Democracia Ourensana cualifica de "ataque á privacidade" a proposta de manter colgada na web todo o ano a declaración de bens dos concelleiros. A formación di que é un ataque contra os edís que máis teñen, coma os empresarios. PP e Ourense en Comun votaron a favor da iniciativa, e DO e PSOE, en contra
Discrepancias entre ERC e CDC sobre a folla de ruta do proceso soberanista. ERC insiste en proclamar a independencia en 18 meses, antes dunhas eleccións e un referendo, mentres que Puigdemont rexeita unha declaración unilateral de independencia e aposta por celebrar antes unha eleccións constituíntes.
Martiño Noriega foi entrevistado este martes por Héctor Juanatey en Tuerka News.