Democracia Ourensana cualifica de "ataque á privacidade" a proposta de manter colgada na web todo o ano a declaración de bens dos concelleiros. A formación di que é un ataque contra os edís que máis teñen, coma os empresarios. PP e Ourense en Comun votaron a favor da iniciativa, e DO e PSOE, en contra
Fálase
Discrepancias entre ERC e CDC sobre a folla de ruta do proceso soberanista. ERC insiste en proclamar a independencia en 18 meses, antes dunhas eleccións e un referendo, mentres que Puigdemont rexeita unha declaración unilateral de independencia e aposta por celebrar antes unha eleccións constituíntes.
Martiño Noriega foi entrevistado este martes por Héctor Juanatey en Tuerka News.
Salvamento Marítimo rescata 22 tripulantes dun buque en perigo a 148 millas do Ortegal.
O Parlamento aproba por unanimidade a toma en consideración da ILP por unha tarifa eléctrica galega, promovida pola CIG, que inclúe entre os seus obxectivos a loita contra a pobreza enerxética.
Unha enquisa de Ipsos-MORI reduce ao 19% o apoio ás touradas en España, ao 5% a defensa de espectáculos coma o Toro de la Vega e ao 7% a do Toro de Fuego. Tan só o 10% dos e das entrevistadas se amosa a favor das subvencións públicas á tauromaquia
Lugo: Manuel Martínez volve votar co PP e cualifica de "impotentes" os seus excompañeiros do PSOE na Deputación. Cóntao El Progreso
O Supremo condena o capitán do Prestige por delito medioambiental. Imponlle dous anos de cadea a Apostolos Mangouras tras corrixir a sentenza da Audiencia da Coruña. Máis información, hoxe en Praza.
Miguel Santalices, elixido novo presidente do Parlamento cos votos do PP. O deputado de AGE Juan Fajardo recibiu un voto na elección.
Xunta e Goberno central -en funcións- negocian o futuro da AP9, así coma a titularidade das competencias sobre esta vía e a AP-53