Salvamento Marítimo rescata 22 tripulantes dun buque en perigo a 148 millas do Ortegal.
Fálase
O Parlamento aproba por unanimidade a toma en consideración da ILP por unha tarifa eléctrica galega, promovida pola CIG, que inclúe entre os seus obxectivos a loita contra a pobreza enerxética.
Unha enquisa de Ipsos-MORI reduce ao 19% o apoio ás touradas en España, ao 5% a defensa de espectáculos coma o Toro de la Vega e ao 7% a do Toro de Fuego. Tan só o 10% dos e das entrevistadas se amosa a favor das subvencións públicas á tauromaquia
Lugo: Manuel Martínez volve votar co PP e cualifica de "impotentes" os seus excompañeiros do PSOE na Deputación. Cóntao El Progreso
O Supremo condena o capitán do Prestige por delito medioambiental. Imponlle dous anos de cadea a Apostolos Mangouras tras corrixir a sentenza da Audiencia da Coruña. Máis información, hoxe en Praza.
Miguel Santalices, elixido novo presidente do Parlamento cos votos do PP. O deputado de AGE Juan Fajardo recibiu un voto na elección.
Xunta e Goberno central -en funcións- negocian o futuro da AP9, así coma a titularidade das competencias sobre esta vía e a AP-53
En resposta á crise dos refuxiados, a UE apoia suspender durante dous anos a libre circulación de persoas, mantendo os controis temporais internos no espazo de libre circulación de Schengen
O Comité Federal do PSOE deberá ratificar calquera pacto ao que chegue a formación, como esixían os baróns territoriais do partido.
Ada Colau téndelle a man á CUP para a conformación do "novo espazo político" catalán que anticipou este luns, unha confluencia da esquerda alternativa que debe partir dunha "asemblea constituínte"